Todo sobre Galicia

encontrados: 1, tiempo total: 0.004 segundos rss2
4 meneos
5 clics

Na busca de voces para axudar á tecnoloxía a falar e entender o galego

Investigadores do centro atlanTTic da UVigo e a empresa Balidea presentaron este luns o proxecto falAI, para a recollida de voces que permitan ‘ensinar’ ás tecnoloxías a falar e entender a lingua galega. Así, co hashtag #A30frases búscase a participación do maior número de persoas posible para que, de forma anónima, graven a súa voz lendo 30 frases indicadas na plataforma falai.balidea.com. O obxectivo é compoñer un ‘corpus’ lingüístico que permita adestrar a un asistente conversacional por voz. A investigadora Laura Docío sinalou que a meta é conseguir 6.000 participantes, cumprindo co criterio de que 30 horas de gravación correspondan a maiores de 50 anos, 10 horas correspondan a cada provincia e cun equilibrio de xénero do 40-60 %.

menéame