Todo sobre Galicia
3 meneos
4 clics

Denuncian a "neglixencia" do Sergas ante a detección de novos casos de coronavirus en hospitais

Persoal de enfermaría do servizo de Cirurxía do Hospital de Ourense denuncia a "neglixencia" do Sergas ante a detección de novos casos de coronavirus entre os pacientes ingresados, un desleixamento que compromete, din, tanto a saúde doutros enfermos hospitalizados como dos propios profesionais sanitarios. En declaracións a Nós Diario, aseguran que nunha das dúas unidades de Cirurxía do Complexo Hospitalario de Ourense conviven, desde hai tres meses, pacientes Covid con doentes de cirurxía, "até o punto de que o mesmo enfermeiro ou enfermeira durante a mesma quenda leva pacientes positivos e doentes cirúrxicos sans, limpos". Neste escenario asistencial, "un doente de Uroloxía que acabou na nosa unidade, que non estaba illado e ao que non se lle fixo unha proba PCR, de súpeto deu positivo,

| etiquetas: coronavirus , covid-19 , sergas , neglixencia

menéame