Cousas da Galiza
18 meneos
132 clics
Arboricidio no Monumento Natural da Carballa da Rocha (Concello de Rairiz de Veiga)

Arboricidio no Monumento Natural da Carballa da Rocha (Concello de Rairiz de Veiga)  

A Carballa da Rocha é un dos poucos monumentos naturais con que conta Galicia, foi declarada como tal no 2007. Nas imaxes pódese ver a unha da irmás da carballa tallada polo pé e a outra desmoucada/decapitada…Na contorna deste monumento natural e na área da reserva da biosfera están tallando polo pé e desmoucando carballos centenarios sen xeito e sen ningún tipo de control. Estes monumentos naturais están protexidos por lei así como a súa contorna polo que este ARBORICIDIO é aínda máis inexplicable e inxustificado. Lembrar que Galicia é o territorio con menos espazo protexido de Europa un escaso 12% cando a media europea é de máis do 30%.

| etiquetas: arboricidio , carballa , rocha , rairiz , monumento , xunta , protección

menéame