17 meneos
43 clics
Atopan a primeira receita médica en galego, unha pequena xoia do século XV
Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid. Os máis curiosos descubrimentos xogan ás agachadas. Permanecen silandeiros nos lugares máis particulares, poñéndollo o máis difícil posible a aquel que busca cos ollos ben abertos. Aínda que o investigador que escudriña nos documentos históricos o fai co afán de atopar algo en concreto, o azar ábrelle a porta a todas aquelas manifestacións dos nosos antepasados que están agardando a ser descubertas. É o caso da primeira receita médica en galego, datada o 2 de abril de 1477 e anotada no reverso dunha escritura notarial, onde se detallan os pasos para preparar a medicina, a súa dose e administración. O achado foi publicado na Revista Galega de Historia Murguía polos seus autores, Ricardo Pichel, da Universidade de Alcalá e do Instituto da Lingua Galega, e Rodrigo Pousa, da Universidade de Vigo (UVigo).
|
Click para ver los comentarios