3 meneos
3 clics
O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 500 adopcións no que vai de ano
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de superar as 500 adopcións no que vai deste ano. Esa cifra acadouse coa marcha de “Grubi”, unha cadela que fora recollida en Pontecesures hai un mes e que atopou un novo fogar fóra de Galicia, concretamente en Ávila. Pero son xa 504 os cans e cadelas que saíron das instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, cunha media de 1,7 adopcións diarias, o que supón un incremento de preto do 5% con respecto ao mesmo período do 2022, en que se sumaban 481. No que se refire á comunidade galega, a meirande parte das saídas producíronse na mesma provincia de Pontevedra (338), seguidas das 39 en Ourense, 35 en Lugo e 20 na Coruña.
|
Click para ver los comentarios