35 meneos
274 clics
Como os veciños de Teo planearon recuperar unha tradición de hai 200 anos para un bombazo mediático
O 14 de xuño os veciños da contorna de Casalonga manifestáronse en Santiago contra o proxecto de vertedoiro de Toysal. Fixeron un tramo do Camiño e remataron na Quintana. Pero a súa idea era entrar na Catedral. A cabalo. E con todo o dereito (...) O señor do Pazo do Faramello tiña o privilexio real de entrar a cabalo na catedral. A condición era portar o anel do señor e vestir o cabalo dun xeito determinado. Gonzalo Rivero de Aguilar, actual señor do pazo e tamén afectado polo vertedoiro, aceptou. Pero o tema era incrible, porque o dereito de entrar a cabalo na catedral existía, pero NUNCA se exercera desde que fora concedido, en 1815 (...) O dereito era un xeito de devolver un enorme favor: o recontratataravó de Gonzalo, Manuel Rivero de Aguilar, convertera o Faramello nun núcleo da resistencia contra os franceses.
|
Click para ver los comentarios