5 meneos
5 clics
'Galegofobia' na CRTVG: Estes foron os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega denunciados por Defende a Galega
Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a “utilidade” da lingua galega e criticaron a súa “imposición”, até o punto de mentir afirmando que a meirande parte das materias nos centros de ensino son impartidas en galego. Denunciouno, a través das redes sociais, o colectivo Defende a Galega. María Jamardo, xornalista en El debate e quen fora presidenta do partido Sociedad Civil y Democracia (SCD), partido fundado polo empresario e político Mario Conde, asegurou que “non se poden impor a linguas como elemento distorsionador da convivencia social”. Pola súa parte, o xornalista Pablo Acción tamén causou controversia cos seus comentarios ao asegurar que “temos que afastarnos de imposicións que non conducen a nada, porque non se pode impor por decreto. Isto só conduce a que certa xente lle colla xenreira ao galego”.
|
Click para ver los comentarios