Cousas da Galiza
4 meneos
8 clics

Historias do contrabando na Raia  

Os vínculos lingüísticos, históricos, sociais e culturais dos lugares e persoas que viven a un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal son evidentes. Comprobámolo percorrendo en coche e gravando durante sete días toda a zona. A través da viaxe coñecemos os nexos entre as dúas realidades. O resultado: Un documental en forma de road trip que vai parando en numerosas localidades, de oriente a occidente, para falar con diferentes persoas de cada unha delas e poñer en valor os costumes e a riqueza patrimonial e cultural propia desta área. Un documental realizado por Xarda Cooperativa Galega para Nós Televisión co apoio da Deputación de Ourense, a Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Hermisende, o Concello de Entrimo, o Concello de Tomiño, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Montalegre.

| etiquetas: raia , contrabando , xarda

menéame