Cousas da Galiza
12 meneos
31 clics
O Sergas atrasa sete meses unha proba médica a unha doente oncolóxica

O Sergas atrasa sete meses unha proba médica a unha doente oncolóxica

Cerdedo pola Sanidade Pública denuncia “un novo caso do mal funcionamento do Sergas á hora de programar as citas para acudir a un ou unha especialista así como para a realización de determinadas probas diagnósticas”. A entidade advirte do “caso dunha veciña do lugar de Vilar, en Cerdedo, que despois de acudir ao noso centro de saúde o día 7 de xullo por un pequeno vulto nun ombro, o facultativo de Atención Primaria pediu facer unha ecografía, pero anotou con “prioridade normal”. A plataforma apunta que o médico “non ten en conta que é unha doente operada de cancro de mama e a tratamento desde hai tres anos, e polo tanto o risco de tumores é maior que noutras persoas”.

| etiquetas: sergas , retraso , proba , doente , cancro , vulto , ombro

menéame