5 meneos
2 clics
O Sergas di non ter persoal para 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano e as subcontrata por 460.000 euros
A Consellería de Sanidade sacou a concurso este martes a contratación dun servizo de interrupción voluntaria dos embarazos de menos de 14 semanas de xestación e que non impliquen risco para a embarazada. O contrato, por tres anos prorrogable ata cinco, estima que cubrirá unhas 800 interrupcións ao ano cun custo estimado duns 460.000 euros. Segundo as estatísticas oficiais da Xunta, en 2022 houbo en Galicia preto de 3.000 interrupcións voluntarias totais, sen contar as terapéuticas.
O propio Sergas xustifica a subcontratación na súa "falta de recursos, tanto materiais como humanos", e neste último eido apunta ao "dereito de exercer a obxección de conciencia" do seu persoal "sen que o acceso e a calidade asistencial da prestación poidan resultar menoscabadas".

|
Click para ver los comentarios