2 meneos
4 clics
Un xulgado de Santiago ordena vacinar un ancián que se negou e unha muller a pesar da oposición familiar
O Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, especializado en Familia, ordenou en senllos autos vacinar un usuario dunha residencia que se negou a recibir a inmunización así como outra usuaria cuxa titora rexeitou que lle administrasen a vacina. En primeiro lugar, nun auto con data deste mesmo mércores, o xulgado ordena a subministración da vacina a un interno en centro de maiores de Santiago de Compostela que se negou a que lle inxectasen a dose. O maxistrado considera que o consentimento informado por substitución prestado pola entidade titora Fundación Galega para a Tutela de Adultos debe ser atendido a pesar da negativa do paciente, pois indica que "carece de capacidade natural actual para comprender o alcance da intervención médica pautada". Así, no auto sinala que da exploración xudicial do interno na residencia constátase "a total ausencia de capacidade de decisión, en particular en relación á necesidade/conveniencia de que lle sexa administrada (...)
|
Click para ver los comentarios