Cousas da Galiza
3 meneos
1 clics

A Xunta non levanta actas do comité que supervisa como Ence subvenciona con 3 millóns ao ano a 300 entidades de Pontevedra

A figura dos pactos ambientais é un acordo voluntario ao que unha empresa pode chegar coa Xunta para planificar diversas actuacións. Ao longo dos anos a Xunta asinou varios e o de Ence concretouse despois de que a comezos de 2016 a empresa obtivese a polémica prórroga da súa concesión en Pontevedra por parte do Goberno en funcións de Mariano Rajoy. O Goberno galego publicitouno como unha caste de compensación ou beneficio da empresa á sociedade pontevedresa e galega en xeral. O pasado marzo o delegado provincial da Xunta e agora presidente da Deputación, Luis López, mesmo gabou a "celeridade" dese comité na convocatoria deste ano, que vén de ser resolta hai un mes. Porén, agora a consellería revela, en resposta a unha petición oficial de transparencia formulada por Praza.gal, que non levanta actas das reunións desa comisión que supervisa como se reparten os cartos.

| etiquetas: xunta , ence , actas , subvencións , branqueamento social , entidades

menéame