2 meneos
14 clics
Billarda: o deporte galego no que poden competir avós, fillos e netos en igualdade de condicións
En Galicia hai unha Liga oficial de billarda e 250 licenzas. Entre as persoas federadas, o 30 % son mulleres. A billarda é un deporte moi galego, de feito considerábase ata fai ben pouco un xogo que nacera en Galicia e, dende aquí, chegara a outras zonas do mundo. A irrupción das novas tecnoloxías supuxo unha diminución das persoas que xogaban a este deporte, e iso a pesares de que aprender a billarda sae baratiño: dous paus de madeira cortados adecuadamente e xa estás listo para darlle caña. ¿En que situación se atopa este xogo a día de hoxe en Galicia? Afortunadamente, e en contra do que puidera pensarse, "actualmente en Galicia está moi potenciado, sobre todo despois da creación da federación de deporte autóctono, pois xa conta cunha liga oficial e con licencias federativas.
|
Click para ver los comentarios