Cousas da Galiza
43 meneos
150 clics

A Xunta utiliza a La Voz de Galicia, ABC e a CRTVG para tentar manipular á opinión pública

Un dos grandes principios de propaganda de Joseph Goebbels, un dos grandes teóricos do nazismo era o principio da silenciación. Unha táctica que consiste en calar sobre as cuestións que son complicadas ou poñen en apuros a unha institución ou estrutura de poder e disimular as noticias que favorecen ao contrincante. E, como propuña este nazi facelo?, pois contraprogramando coa axuda de medios de comunicacións afins. Esa mesma teoría é a que está pondo en práctica a Xunta de Galicia nesta crise. E, para iso, estase valendo de varios medios, sobre todo dos grandes medios tradicionais, aínda que tres deles son os que acaparan as grandes estratexias do goberno de Alberto Núñez Feijóo e da súa secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra; La Voz de Galicia, ABC e a TVG e RG.

| etiquetas: xunta , la voz de galicia , abc , crtvg , manipular
29 14 1 K 45
29 14 1 K 45

menéame