A traza foi deseñada por Fernando de Casas e Novoa. Na fachada cóntanse unha serie de historias que son a suma da traxectoria relixiosa, cultural e estratéxica da Catedral como institución. Un auténtico aparato de propaganda que emite mensaxes. Por exemplo: arriba está Santiago, con dous reis axeonllados ante el. Deixa claro que os monarcas hispánicos lle deben homenaxe e tributo ao Patrón. O patronazgo (e as inmensas rendas) eran cuestionadas desde fins do XVI por outros intereses en Castela e máis lugares. Máis abaixo están os discípulos, a estrela e a arca de mármore. É dicir, está a narración da gran historia que sostén todo o edificio. O fundamento de todo: o relato da viaxe, do enterramento, da descuberta. Aquí non hai fallo. Todos entendemos esta parte da mensaxe. O percal vén agora. Ao baixarmos un nivel, na base de cada unha das torres, hai representadas unhas figuras, moi destacadas, exentas, ás que a fachada lles dá unha importancia extraordinaria. Tédelas visto? (...)